Saturday 27 de April de 2024

A celebración do aniversario da Casa do Rock posponse ata o 18 de setembro debido ás previsións meteorolóxicas adversas


A cita converterase no broche final do festival Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 a ritmo de Neil Young

As previsións de choiva para este sábado obrigaron a pospoñer a celebración do décimo aniversario da Casa do Rock. A cita trasladarase ata o vindeiro sábado 18 de setembro pola mañá. “Deste xeito, a actuación converterase no broche final perfecto para o noso festival Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22, tras máis de dous meses de variadas propostas culturais”, explican desde a organización.
Pola súa banda, un dos fundadores da Casa do Rock, Adrián Hernández, Krecho, explica que “ ao tratarse dunha actividade en exterior e na que se precisamos contar con tantos equipos electrónicos, non podiamos arriscar”, indica un dos fundadores da Casa do Rock, Adrián Hernández, Krecho. De todos os xeitos, este cambio no calendario ofrece a oportunidade “de que ou alumnado que comeza agora as clases poida practicar a canción e resolver as dúbidas que lles puideran xurdir con respecto á súa execución”.

Desde A Casa do Rock tamén indican que “durante estas dúas semanas tamén deixaremos aberta a inscrición para participar na actuación coa que conmemoraremos ou noso décimo aniversario”. Esta pódese realizar a través da páxina web do centro formativo compostelán, https:// acasadorock. com/10aniversario. As persoas interesadas en participar deberán traer todo o necesario: instrumento, amplificador, Jack, atril se o necesitan e partitura -dispoñible tamén na web deste centro-.
A celebración do décimo aniversario da Casa do Rock consistirá nunha interpretación conxunta da canción Keep Rockin’ in the Free World, de Neil Young. Espérase a asistencia de centos de persoas, entre alumnado, antigo alumnado e amantes da música.

Propostas para a fin de semana
O calendario de actividades de Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 continúa esta tarde cunha nova proposta dentro da sección infantil, Catividades. Haberá sesión de Música, danza e karaoke a cargo da Gramola Animación, entre as 17.00 e as 20.00 horas.

Mañá pola noite, sesión musical con Saya DJ (ás 21.15 e ás 23.40 horas) e concerto de Mounqup (ás 22.30 horas). Ambas as propostas encádranse dentro do ciclo Novas Músicas en Galego promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A entrada é gratuíta, aínda que se require reserva previa, por motivos de aforo e en aplicación dos protocolos de seguridade e prevención fronte á COVID-19. Esta deberase formalizar a través da web www.gogozo.gal.
Xa para o sábado, prevese unha nova sesión musical. Esta correrá a cargo de DJ Pabs e dará comezo ás 19.00 horas. Pablo Nogueira é unha das novas caras da música urbana en Galicia. Con residencia no «café-bar Praia Fluvial» e ampla experiencia en eventos de todo tipo desde 2017, DJ Pabs crea sesións enérxicas nas que as ganas de bailar serán as protagonistas.

Sobre Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22
Go! Go! Zo! Xacobeo 21-22 é un festival que pretende facer de Monte do Gozo o lugar onde gozar dunha alternativa de lecer estival. Sesións DJ, música en directo e actividades infantís centran a programación que se estenderá ata o 12 de setembro.

A posta en valor das bandas e artistas galegos e as novas promesas do panorama musical da comunidade é unha das grandes apostas deste festival. Todas as actividades serán de carácter gratuíto e pódense reservar a través da propia web do festival.